Conta o francés Daniel Pennac, no seu admirable Mal de escola, que el foi de neno un cancre, nome co que os franceses designan ao peor alumno dunha clase, o último da clase, diriamos nós. E conta tamén que a institución escolar, coas súas inercias, co seu empeño en tratar de xeito uniforme a individuos diversos, tivo moita responsabilidade en que ata a súa nai pensara del que non ía ser “nada” na vida. Pero na escola igualmente atopou as dúas persoas, dous mestres, que non se deixaron levar pola solución fácil de aceptar a etiqueta de fracasado que todo cancre arrastra.
|
Hoxe Daniel Pennac é un escritor celebrado e, durante un tempo, foi tamén el un mestre entregado a facer da escola un ámbito aberto á pluralidade diferente, diverxente, de cada rapaz e rapaza.
Ás vellas inercias que a escola tradicional (como calquera outra institución, por outro lado) viña arrastrando súmanse hoxe outras novas. Porque acontece que, na actualidade, non son poucos os sociólogos da educación que advirten de que o gran atranco da escola é a imposibilidade de anticipar que aprendizaxes se requiren para formar aos mozos e mozas do futuro. E non o pode saber porque os vertixinosos cambios que está a sufrir a sociedade non permiten predicir cales son as competencias para as que deben ser preparadas as novas xeracións. Esta é tan só unha das razóns polas que a estimulación da creatividade, e os métodos de aprendizaxe non lineais e non repetitivos, constitúen unha esixencia cada vez máis perentoria. Facilitar a formación de personalidades diverxentes, isto é, capaces de non só atopar novas solucións para novos problemas, senón mesmo solucións renovadas e máis eficientes para os vellos enigmas e, o que seguramente é o máis importante nunha sociedade da incerteza, albiscar os novos que o futuro nos depara e anticipar as súas solucións, é un dos obxectivos que está no eixe do proxecto do grupo DIVERXE. Non hai neste proxecto, non pode habelo, ningún afán de competir ou corrixir á escola senón, ben ao contrario, de complementala nun ámbito que xeralmente non pode atender debidamente.
Por outra banda, tamén se ten sinalado con frecuencia que o currículo escolar tradicional peca dun exceso “intelectualista”, no sentido de menosprezar, seguindo nisto unha vella tradición de fondas raíces en occidente, o papel das emocións e a dimensión afectiva. Sábese que isto algo ten que ver co lugar tan secundario que se reserva para a educación artística e a formación estética nas ensinanzas básicas da maior parte dos sistemas educativos da nosa contorna, e nomeadamente no predominante entre nós desde hai ben anos. Isto, que é un problema de longa data, tamén se pode estar a acentuar nestes últimos anos por mor dos cambios nas modalidades de comunicación social. No universo das multipantallas no que medran hoxe rapaces e rapazas, o menosprezo da dimensión afectiva – emocional pode moi ben implicar abandonar ás novas xeracións inermes diante do poder manipulador e enormemente persuasivo das imaxes. Cómpre, logo, compensar o déficit de presenza da cultura da imaxe no currículo escolar proporcionando á mocidade instrumentos para interpretar analiticamente, e á vez gozar creativamente, das mensaxes que inundan esa cultura na que todos eles e todas elas están mergullados. E mesmo, o que non é menos importante, estimulando e valorando a capacidade para producir de seu as súas propias mensaxes neses novos medios. Cousa que, desde logo, xa fan eles espontaneamente, pero sen incorporaren a dimensión reflexiva e crítica que só o coñecemento consciente dos potenciais comunicativos que eses medios encerran fai posible. Sen esquecer que, contra o que as veces se difunde, nesa produción autónoma de mensaxes (chats, sms, twiters... a última fórmula é, no intre en que a escribimos, xa a penúltima, así de axiña as modas e modos cambian), a expresión escrita (e oral) está tan ou máis presente que a icónica. Por esa razón, no noso grupo concedemos a mesma atención á potenciación da creatividade e a expresión diverxente no espazo literario e da comunicación verboescrita. Porque o que non aceptamos é a errónea concepción que contrapón palabra e imaxe, cultura literaria e cultura icónica.
DIVERXE ofrece, mediante obradoiros sinxelos, que poden estar dirixidos tanto ao alumnado como á formación do profesorado, ou mesmo tamén de calquera persoa interesada en se procurar novos vieiros de expresión, unha modesta contribución orientada a combater esas eivas. DIVERXE pretende ser, logo, un grupo aberto á pescuda e experimentación, desexoso de compartir con outros e outras o novo e insólito que tantas veces se agocha atrás de calquera disimulado curruncho.
Texto de Miguel Vázquez Freire