Actualmente dirixe o festival anual de poesía PontePoética en Pontevedra e o ciclo mensual de recitais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña, con poetas galegos e estranxeiros/as, ademais de obradoiros de poesía en galego ou obradoiros internacionais de tradución poética.
Boa comunicadora e rostro coñecido para o público galego, durante 5 anos e medio co-presentou un concurso cultural diario na TVG –“Cifras e Letras”- ao longo de máis de 1.100 programas. Xa antes diso e amais doutras moitas colaboracións no audiovisual, o seu propio programa de tv dedicado ás artes en Galicia –“Mercuria” (TVE-Galicia)- valéralle o Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual á “Mellor Comunicador/a de TV 2005”. Así mesmo, durante outros tantos anos foi columnista semanal en varios xornais galegos a un tempo (Galicia Hoxe por unha banda, Xornal de Galicia por outra, e El Progreso, EL Ideal Gallego e Diario de Pontevedra a través da Axencia Galega de Noticias).

Como monitora de obradoiros literarios, ten desenvolvido multitude de experiencias en centros públicos e privados de Galicia alén dalgún caso puntual no estranxeiro (Venezuela). Entre os máis delongados (2 meses de duración), cabe salientar os desenvolvidos para Fundación Caixa Galicia en todas as súas sedes das cidades galegas agás Vigo, isto é: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra. Mais tamén levou adiante numerosos obradoiros en bibliotecas públicas ou en institutos de ensino secundario, impulsados por entidades que van dende a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ata a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten participado tamén en xornadas e actividades de formación do profesorado impulsadas polo CeFoRe, a ASPG, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, etc, case todas orientadas a un maior achegamento e comprensión do xénero poético coma unha linguaxe viva, actual, dinámica e mesmo con conexións multidisciplinares, ou ben centrándose nos últimos 30 anos de Poesía Galega.
Licenciada en Filoloxía e diplomada en estudos audiovisuais, Yolanda Castaño foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e formou parte da súa directiva durante varios anos. Foi co-fundadora e formou parte do consello editorial da editorial de poesía “Letras de Cal”, á vez que viviu en primeira persoa toda a efervescencia literaria da segunda metade dos anos 90 en Galicia. Interesada nas artes contemporáneas e na fusión interdisciplinar entre as mesmas, de 2007 a 2008 foi directora da Galería Sargadelos da Coruña. De igual xeito, comisariou mostras de arte e de poesía, coordinou volumes colectivos ou publicou traballos de edición e de tradución literaria. Ten redactado textos para espectáculos de danza, letras de cancións, colaboracións escritas de todo tipo e catro poemarios infantís. Alén diso, ten desenvolvido numerosísimas experiencias de fusión de poesía con outras linguaxes creativas: música, artes visuais, arquitectura, danza, performace, fotografía ou audiovisual, xa fose soa ou en colaboración con outros artistas. Realizou ata 5 pezas de videopoesía, unha das cales lle valeu o “I Premio Videocreación Curtocircuíto 2004” (http://youtu.be/0kSv4w1aTP8). Estes videopoemas foron amosados en recitais multimedia que Yolanda Castaño ofreceu tanto en Galicia coma en Bélxica, Perú, Italia, Arxentina, Lituania, Colombia, Portugal, Francia, Austria, Tunisia ou Eslovenia (en universidades, centros culturais, museos, festivais, Institutos Cervantes, etc). Ademais, Yolanda ten colaborado en libros de fotografía, en catálogos de arte, libros baseados en pintura ou libros con CD. Finalmente, dende 2008 mantén o grupo interdisciplinar Tender a man xunta outros 4 artistas da música e a danza contemporánea; a formación ten actuado tanto en Galicia coma en Múnic, Helsinki e Tokio.
Alén diso, en 2011 viu a luz unha orixinal e coidada publicación que fusionaba a un tempo literatura, fotografía e cociña como procesos de creación, e que foi recoñecida nos internacionalmente coñecidos coma os “óscars” dos libros de cociña: os Gourmand Cookbook Awards. Concibida man a man coa artista e fotógrafa Andrea Costas ao fío das súas imaxinativas e impactantes imaxes, esta sorprendente obra interdisciplinar esculca as poéticas semellanzas entre tres linguaxes creativas a través de 22 dos mellores e máis diversos escritores/as de Galicia. Ábrennos as súas cociñas e convídannos a unha viaxe á alquimia culinaria a través de contos, poemas, diálogos teatrais ou artigos ensaísticos, baixo a mirada dunha Castaño capaz de baixar do pedestal aos seus colegas de profesión e deixarnos sorprendelos na intimidade do proceso creativo, como quen pela patacas ou pica unha cebola. Como froito das investigacións creativas das que xurdiu este volume cuxa primeira edición se esgotou en 5 meses, Yolanda e Andrea desenvolveu unha actividade integrada por exposicións orais e proxección de imaxes que se celebrou tanto en Galicia coma en Irlanda.
Pero Yolanda Castaño é principalmente poeta. Premio da Crítica Española 1999 e Premio Espiral Maior 2007 entre outros moitos galardóns, en 2009 RNE concedeulle o Premio Ojo Crítico ao mellor libro de poesía publicado por un autor/a mozo/a no Estado Español. Os críticos literarios do suplemento EL Cultural do diario El Mundo escolleron Profundidade de Campo –o seu último poemario- coma un dos 5 mellores editados en España en 2009.
Ten colaborado en numerosos medios de comunicación escrita, así coma en multitude de libros colectivos, antoloxías tanto galegas como estatais, congresos e infinidade de recitais dentro e fóra de Galicia. Neste sentido, ten sido convidada para representar ás letras galegas ou españolas en festivais internacionais de poesía nos países mencionados máis arriba así coma en Nicaragua, Illas Madeira, Polonia, Venezuela, Austria ou Reino Unido. Outras intervencións téñena levado a amosar o seu traballo literario en Universidades dos EE.UU, no Instituto Cervantes de Dublín e outros países xa citados. En 2011, Yolanda Castaño recibiu dúas bolsas internacionais de creación como Escritora en Residencia, no Centro Internacional de Escritores e Tradutores de Rodas (Grecia) e na casa para artistas Villa Waldberta (Múnic, Alemaña). E poemas seus foron traducidos a máis de quince linguas.
Por último e non menos importante, o compromiso de Castaño coa poesía toca tamén aos máis pequenos/as. Así, son xa catro títulos poéticos os publicados en Galaxia e en Biblos (alén de traducións ao castelán e ao catalán editadas pola casa barcelonesa Takatuka), dous deles ilustrados por Eduardo Hermida e os outros dous por Xosé Tomás. Escritas en metros clásicos e con rima, estas obras dirixidas aos primeiros lectores e mesmo a prelectores, teñen aparecido nos primeiros postos de vendas de libros galegos, teñen sido recomendadas no ensino primario ou recibido mención de honra no Premio Arume de Poesía para nenos/as. Falamos de “Punver” (2006), “Punver de volta” (2009), “Cando eu saiba ler” (2009) e “Verdedades” (2012).
En canto a obra publicada para adultos, esta consta de: Elevar as pálpebras (Espiral Maior, 1995. Premio Fermín Bouza Brey); Delicia (Espiral Maior, 1998; 2ª ed.: 2006, Colección Poeta en Compostela); Vivimos no ciclo das Erofanías (Espiral Maior, 1998. Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica Española); Vivimos en el ciclo de las Erofanías (Huerga & Fierro, 2000. Edición bilingüe); Edénica (Espiral Maior, 2000. Antoloxía persoal + CD); O libro da egoísta (Galaxia, 2003, 2ª edición: 2004); Libro de la egoísta (Ed. bilingüe. Visor, 2006); Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007. XV Premio Espiral Maior); Edénica (Espiral Maior, 2009. Reedición conxunta dos 3 primeiros poemarios); Profundidad de campo (Ed. bilingüe. Visor, 2009. Premio Ojo Crítico de RNE).