MARCOS CALVEIRO
(1968) Neto de feirantes taberneiros, vive en Vigo coa súa parella e os seus dous fillos onde ademais desenvolve a súa actividade profesional como avogado. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (Tambre 2006) e Rinocerontes e quimeras (Tambre 2007), a primeira traducida ao catalán e proximamente ao castelán e a segunda ao castelán. |
En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008, e que tamén foi editada na Arxentina. Mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (SM 2008) e o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil 2010 e premio CCEI 2011 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010) tamén publicado en euskera (Ibaizabal 2010) e castelán (Edelvives 2010).
No ano 2010 a súa novela Centauros do Norte recibe o VIII Premio Raíña Lupa de LIX, sendo publicada este mesmo ano por Edebé en galego e castelán. En 2011 publica Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais 2011). Ademáis ten publicada unha tetraloxía xuvenil de catro novelas en castelán El samurai del Rei (Edelvives 2010,2011). En 2012 a súa novela Palabras de auga recibiu o Premio Merlín de literatura infantil na súa vixésimo sétima edición.
No eido da narrativa para adultos leva publicadas dúas novelas: Festina lente (Xerais 2008), Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano, 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Setteccento (Xerais 2010). Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral.
Ten impartido obradoiros de creación literaria para rapaces e adultos, ademais de visitar todos os anos ducias de centros de ensino falando dos seus libros e da creación literaria en xeral.