Nos anos que levo impartindo obradoiros de ilustración e banda deseñada por colexios e institutos, teño comprobado varias cousas: que a xente nova le moi pouco cómic (ou BD, ou historieta, ou...). Que ás veces os docentes temos un prexuízo inconsciente de que se trata dun xénero "menor" (sen ter en conta que se trata dun medio de lectura complexa). E a constatación máis importante e preocupante é que o noso sistema educativo, e os currículos en xeral, non teñen moi en conta á imaxe coma un medio de expresión natural nos nenos e nenas.
Xosé Tomás
Xosé Tomás