Durante varios cursos foi profesor do EATP Imaxe e Son no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Tamén ten impartido recentemente a materia optativa Cultura Audiovisual. Foi profesor de Cine e Imaxe na empresa SOAP (Servicios de Orientación de Actividades Paraescolares) de Madrid durante os anos 1972 a 1974. Posteriormente dirixiu unha revista de banda deseñada para primeiros lectores da editorial Esco que finalmente apareceu en formato libro co título de Escocuentos (Madrid, 1978).
Codirector da colección Merlín de literatura infantil (Edicións Xerais de Galicia) desde a súa creación ata o ano 2006.
Director da revista de banda deseñada Golfiño durante as súas dúas etapas (Xerais, 2000 - 2001; La Voz de Galicia, 2002 - 2004) e ata a súa desaparición.
Membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
Pertenceu ao Comité Organizador do Congreso Internacional de Pedagoxía da Imaxe "Pé de Imaxe" desde a súa creación ata a súa última convocatoria (1991-2000) e do Comité Organizador dos Encontros de Educación Audiovisual promovidos polo Consorcio Audiovisual de Galicia os anos 2004, 2005 e 2006.

Membro dos Grupos Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía e autor de varias obras para o ensino da filosofía.
Autor de obras de literatura infantil, foi, en distintos períodos, presidente e vicepresidente de GALIX, asociación galega de literatura infantil e xuvenil integrada na organización internacional IBBY. É autor de diversos estudios sobre a ilustración na literatura infantil, entre eles Ilustradores galegos para nenos (Xunta de Galicia, 1991) e as introduccións ás exposicións, organizadas |
por GALIX, “Galicia solidariedade” (1994), “Debúxame un conto” (1999) e “Vaidemar” (2006). No campo específico da Educación para os Medios, é coautor das obras Los teleniños e Teleniños públicos, teleniños privados e de numerosos artigos sobre análise dos medios de comunicación, a súa influencia sobre a infancia e a incorporación dos novos medios ao curriculum escolar, publicados en diversas revistas (Cuadernos de Pedagogía, Comunicar, Revista Galega de Educación, Tempos Novos). Coordinou e foi coautor dos manuais para educación audiovisual editados polo Consorcio Audiovisual de Galicia dentro da campaña “Audiovisual nas aulas” (Iniciación ao audiovisual, Iniciación á animación, Iniciación á televisión e Iniciación ás novas tecnoloxías, 2004 - 2006).
Participou nos congresos internacionais de Educación para os Medios de París (1997) e Sao Paulo (1998), presentando comunicacións sobre a súa experiencia no ensino da imaxe. En diversas ocasións participou nas actividades paralelas de Cinema Jove (Valencia), ben en calidade de conferenciante ou ben como xurado do certame de vídeo escolar.
En 2002 foi convidado pola Asociación Portuguesa de Profesores de Filosofía a presentar en Lisboa, dentro das xornadas anuais da asociación, a súa experiencia de aplicación da imaxe ao ensino da filosofía, así como a impartir unha conferencia sobre o tema "Cine e Filosofía".
Ten impartido numerosos cursiños sobre a aplicación dos medios audiovisuais no ensino e sobre Educación para os Medios.
Obras de literatura infantil e xuvenil:
As aventuras do Gato Bógar (Merlín, Xerais, 1989)
Proxecto Pomba dourada (Fóra de xogo, Xerais) (1ª ed. en Vía Láctea, 1987)
A malvada María Xosé (Merlín, Xerais, 1989)
A cor do elefante (Trolebús, Casals, 1994)
A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (teatro, en colaboración con Gloria Sánchez; Merlín, Xerais; Premio Xacobeo de Teatro de monicreques 1994)
Anxos en tempos de chuvia (Fóra de xogo, Xerais, 1997. Desta obra hai edición portuguesa, valenciá – catalán e castelán. Lista de Honra do IBBY.
O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (Edebé, 2007).
María é maior (Baía Edicións, 2007).
Contos de Reis e de Nadal (Merlín, Xerais, 2007)
Xurxiño quere ser... (Baía Edicións, 2010).
O souto escuro e perigoso (Xerais, 2011)
Literatura para adultos:
Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (Xerais, 1993).
Sobre teatro:
Teatro alternativo. Das vangardas ás novas tendencias (Berrobambán Teatro, 2002).
Estética e teatro (Galaxia, 2006).
Textos de carácter educativo e paradidáctico:
¿Que é a Reforma? (Xerais, 1992).
O curriculum (Xerais, 1992).
Que me dis de... Valores sociais (Nova Galicia Edicións, 2006).
Que me dis de... Os Dereitos Humanos (Nova Galicia Edicións, 2007).
Iniciación ao audiovisual (coordinador e coautor) (Xunta de Galicia – Consorcio Audiovisual de Galicia 2004)
Iniciación á televisión (coordinador e coautor) (Xunta de Galicia – Consorcio Audiovisual de Galicia 2005)
Iniciacións á animación ( coordinador e coautor) (Xunta de Galicia – Consorcio Audiovisual de Galicia 2005)
Iniciación ás novas tecnoloxías (coordinador e coautor) (Xunta de Galicia – Consorcio Audiovisual de Galicia 2006)
Obras relacionadas co ensino da Filosofía:
Nietzsche (1991)
Iniciación á Estética (1993)
Política e sociedade (1993) (en colaboración con Anxo Pérez Fernández)
Mandar, obedecer, rebelarse (1995)
Obras escritas conxuntamente co grupo Enxergo:
Proposta didáctica para o ensino da filosofía (1994)
O comentario de texto (1996) Ética (1999)
Filosofía 1 (2002)
Filosofía 2 (2003)
(Todas estas obras foron publicadas por Edicións Xerais de Galicia)
Obras escritas conxuntamente co grupo Nexos:
Educación para a cidadanía (2008)
Ética e educación para a cidadanía (2008)
Filosofía e Cidadanía (2008)
Historia da Filosofía (2009)
A composición filosófica (2011)
Enseigner la philosophie aujourd’hui: paratiques et devenirs. Actas do primeiro coloquio de ACIREPH (inclúe tres traballos do autor). Centre Régional de Documentation Pédagogique du Languedoc-Rousillon, 2001.